Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Novas

TROFEO VILA DE MACEDA DE BOXEO

Organizan: Federación Española de Boxeo e Concello de Maceda

cartel webVENRES 30 DE SETEMBRO
DE 20:00 A 22:00 H
ENTRADA GRATUÍTA

LUGAR: PAVILLÓN MUNICIPAL DOS DEPORTES PABLO RODRÍGUEZ GUEDE

Pújiles: Guillermo Carro, Manuel Jiménez, José Luis Silva, Iván Roríguez, Juan Carlos Estévez, Luis Arturo "Vene", Manu Miguez

Descargas asociadas

III CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FORMAS

ORGANIZAN: CONCELLO DE MACEDA E FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BOXEO

CARTEL WEBSÁBADO 1 DE OUTUBRO

LUGAR: PAVILLÓN MUNICIPAL "PABLO RODRÍGUEZ GUEDE"

HORARIO: 10:00 A 12:00 H

ENTRADA: GRATUÍTA



Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas

DIA DA ABELLA

ORGANIZAN: CONCELLO DE MACEDA
COUSAS DE ABELLAS (PIGMEL S.C)
COLABORA: ASOCIACIÓN GALEGA DE APICULTURA

cartel webDATA:DOMINGO 2 DE OUTUBRO
LUGAR: CASTELO DE MACEDA
HORARIO: 10:30 A 20:00 hrs

PROGRAMA:

- Feira de productos apícolas, cosmética natural e artesanía. Todo o día.
- Exposición didáctica. Todo o día.
- Obradoiros para os máis pequenos.
- Charla-degustación de Mel realizada por IXP Mel de Galicia ás 11:15
- Show cooking a cargo de Rubén blogger de "ni mata ni engorda", ás 12:15
- Apixantar no restaurante do Castelo. Reservas 988463367
- Elaboración de cortizos de xeito artesán. Mestre Felix Pérez ás 16:30
- Charla sobre os beneficios do mel para a saúde. Lic. Mónica Pousa, ás 17:30.

Descargas asociadas

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE MACEDA

Inicio Curso 2016-2017

cartel webO vindeiro venres 30 de Setembro, ás 20:00 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos terá lugar a presentación do novo curso 2016-2017.

Máis información no Concello de Maceda.

Especialidades musicais:
- Acordeón
- Piano
- Guitarra Clásica e Eléctrica
- Canto Tradicional e Popular
- Saxofón e Clarinete
- Trompeta, Trombón e Bombardino
- Gaita, Pandeireta e Percursión
- Baile Tradicional

Descargas asociadas

UNIDADE MÓBIL I.T.V CICLOMOTORES

Concello de Maceda informa

Que, a unidade móbil de inspección técnica de Ciclomotores (I.T.V.), estará instalada na explanada do pavillón deste Concello o día, que a continuación se cita, co obxecto de efectuar recoñecementos a todos aqueles CICLOMOTORES, que están obrigados a someterse a inspeccións periódicas.

CICLOMOTRES:
Día 6 de Outubro de 2016 de 9:00 a 13:30 e 15:15 a 18:00


Para solicitar cita previa:
Por tf: 902309000
Via web: www.sycitv.com

TARXETA ACREDITATIVA DO GRAO DE DISCAPACIDADE

Subdirección Xeral da Dependencia e Valoración da discapacidade

modelo tarxetaEstá aberto o prazo para poder solicitar a TARXETA ACREDITATIVA DO GRAO DE DISCAPACIDADE.

FINALIDADE DA TARXETA:

A finalidade desta tarxeta é a de facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular e o acceso a determinados servizos que poidan mellorar a súa calidade de vida.
É un documento persoal e intransferible que acredita o recoñecemento do grao de discapacidade recoñecido ao seu titular.

REQUISITOS:
1. Poderán ser titulares da Tarxeta Acreditativa do Grao de Discapacidade as persoas que teñan recoñecido un grao de discapacide igual ou superior ó 33%, cuxo expediente conste da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do sistema de Seguridade Social español.

Todos aqueles interesados/as poden informarse e realiza-la súa solicitude na Oficina de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello (TFNO: 988463761).

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas

TES TEMPO LIBRE E QUERES PARTICIPAR?

CRUZ VERMELLA MACEDA

cartel webNECESITAMOS PERSOAS VOLUNTARIAS PARA DIFERENTES ACTIVIDADES

Máis información:

Na Oficina Comarcal de Cruz Vermella de Maceda, Rúa Vicente del Bosque, 14
32700 Maceda

Contacto: 988463116 / 648128319

mail: xemarfer@cruzroja.es

Anímate a participar!
Esperámoste!

Descargas asociadas

AXUDAS PERIÓDICAS DE APOIO A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

Centro de Información ás Mulleres

bandoRequisitos das solicitantes:

- Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de
xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica.
- Ter cesado a convivencia co agresor nos doce meses anteriores á data de
presentación da solicitude.
- Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia, e no
caso das mulleres estranxeiras ter permiso de residencia.
- Carecer de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para
afrontar unha independencia inmediata do seu agresor e/ou dispoñer
dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais non superiores a 1,5 veces o
IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
- Non ter percibido con anterioridade ningunha axuda polo mesmo
concepto.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro de 2016.

Máis información no Centro de Información ás Mulleres(tlf.988463554) e no DOG do venres, 15 de abril de 2016.

Descargas asociadas

AXUDAS E INDEMNIZACIÓNS PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DEXÉNERO

Centro de Información ás Mulleres

bandoTipos de axudas

1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro.

2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e ós menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de
incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro.

Para máis información poden dirixirse ó Centro de Información ás Mulleres (tlf 988.463.554) ou consultar o DOG do venres, 15 de abril de 2016.

Descargas asociadas

PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

Promove: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

No Diario Oficial de Galicia do día 30 de Decembro de 2015 a Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as bases reguladoras para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, programa dirixido ás persoas desempregadas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (menores de 30 anos) que pretendan desenvolver unha actividade empresarial ou profesional en Galicia e a creación do seu propio posto de traballo como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 30 de Setembro de 2016.

Para calquera información ou asesoramento que precisen para a tramitación da devandita axuda, poden dirixirse o departamento de emprego do Concello de Maceda, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00 (tf contacto: 988463001)

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas

HORARIO AUTOBUSES POLOS POBOS DE MACEDA

LOGO AUTOBUSCo obxecto de manter informados os veciños/as de Maceda, especialmente ós que residen nalgún pobo do Concello, publicase nesta nova o horario actual dos autobuses a efectos de consulta.

Descargas asociadas

SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO

Emprego e Desenvolvemento Local

LOGO CONCELLO
NOVA IMPORTANTE:

Tódalas persoas que teñan ADSL nos seus respectivos domicilios con TARIFA PLANA contratada para teléfonos fixos, poderán empregar os seguintes Teléfonos de forma GRATUÍTA:

988750579 CITA PREVIA PARA ASUNTOS DE PRESTACIÓNS.

988750598 INFORMACIÓN XERAL

SERVIZO TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

CAMPAÑA TELEASISTENCIA DOMICILIARIA
CRUZ VERMELLA


O servizo de TELEASISTENCIA DOMICILIARIA de Cruz Vermella, da unha resposta inmediata en situacións de emerxencia, 24 horas o día e 365 días o ano.
A Finalidade é promover a autonomía e independencia das personas maiores e outros colectivos en situacións de dependencia.

Para máis información:
Teléfono gratuíto: 900814222
www.cruzvermella.org/teleasistencia


Descargas asociadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016

Formato RSS 2.0
By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001