Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Presentación

FOTO ALCALDE
Benvid@a á páxina web do Concello de Maceda.


Benqueridos veciños e veciñas, no contido desta páxina reflexamos a capacidade que temos, como Vila e como Concello, de mostrar a toda a veciñanza e visitantes, as ganas e ansias de medrar cara o futuro. Unha nova etapa que afrontaremos con ilusión, con forza, e sobre todo con esperanza de acadar retos que contribúan o noso crecemento.

Nestes tempos de incerteza económica, trataremos, entre todos de superar os distintos obstáculos que por diante se presenten. Neste marco incomparable de beleza, temos un diamante en bruto que ensinar ós nosos foráneos e visitantes, invitando a disfrutar da nosa natureza, do noso grande patrimonio, e do calor que o noso pobo transmite.

Un agarimoso saúdo deste o voso Alcalde.

Asdo.: Rubén Quintas Rodríguez.
By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001