Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Imaxes

Inversións para Obras (Maceda)Inversións para Obras (Maceda)
As actuacións realizadas engloban todo tipo de obras, que se levaron a cabo en todo o termo municipal, dende o núcleo urbano ata á ampla rede de núcleos rurais. Destacan as obras de mellora das vías de comunicación, renovación de redes de instalacións obsoletas, dotación de novos equipamentos públicos, mellora de rúas e espazos públicos degradados.
XII Encontro Provincial de Voluntariado Maceda 2010XII Encontro Provincial de Voluntariado Maceda 2010
Ó Encontro acudiron aproximadamente 150 persoas voluntarias de toda a provincia, e tiveron como anfitrións á Presidenta Provincial de Cruz Vermella en Ourense, Dna. Teresa Rodríguez Babarro e a D. Antonio Fernández Fernández, Presidente Comarcal da Institución en Maceda.
Instalacións - PAI (Punto de Atención Infantíl)Instalacións - PAI (Punto de Atención Infantíl)
Instalacións da Guardería Municipal, situada na parte baixa do concello. Aberta tódolos días de luns a venres en horario de mañán e tarde.
Fotografías antigasFotografías antigas
Colección de fotos antigas que nos trasladan a unha viaxe polo tempo na vida de Maceda e das suas xentes.
AereasAereas
Colección de fotos aereas, o pobo de Maceda visto desde as alturas.
Proxecto de Ordenación - Paseo FluvialProxecto de Ordenación - Paseo Fluvial
O río Maceda é o protagonista fluvial desta Vila. O río limita ó pobo pola súa parte este, ben de Niñodaguia e segue camiño ata Baños de Molgas.
Conta cunha lonxitude de 2.600 m.; e tén un grande número de muiños, moitos deles restaurados.
Instalacións - Piscinas Municipais de MacedaInstalacións - Piscinas Municipais de Maceda
As piscinas municipais están ubicadas a beira do Río de Maceda, no paseo fluvial; conta cun parque de herba natural con arbores de distinas clases.
Conta con catro vestidores de home e de muller, dúas piscinas; unha de adultos cunha profundidade máxima de 2.10 e outra adicada ós máis cativos cunha profunidade 50 cm.; unha enfermería, unha zona de práctica deportiva e un bar.
Resulta un lugar idóneo para alexarnos da rutina diaria, un lugar para refrescarnos e para practicar deporte, si así o desexamos
Instalacións - Centro MultiusosInstalacións - Centro Multiusos
O Centro Multiusos está situado no Campo da Feira. Superficie de 488 m2 nunha soa planta. Dispón de 3 aulas cunha superficie de 65 m2 para cursos; baños de home e muller, un despacho, almacén e Salón de actos dunha superficie de 215,86 m2.
Instalacións -  Ximnasio MunicipalInstalacións - Ximnasio Municipal
O ximnasio estará aberto ó público tódolos días de luns a venres en horario de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:30 h. a 22:00 h, co asesoramento dun monitor deportivo.
Conta cunha superficie de 86 m2.
Instalacións - Biblioteca MunicipalInstalacións - Biblioteca Municipal
A Biblioteca Municipal de Maceda nace no ano 1933, está situada na rúa do Toural, conta cunha superficie útil de 150 m2 distribuida en varias seccións, cada unha delas adicada a diferentes cousas; sala infantil, sala de estudio, sala de lectura, sala de informática, etc….
By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001