Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Novas

PROCESO DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

Convoca: Consellería de Economía, Emprego e Industria
(DOG do 19 de Xaneiro de 2017)

logoAtópase aberto o prazo de solicitude para o procedemento de avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación das seguintes cualificacións profesionais:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
- Servizos para o control de pragas.
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos.
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais.
- Socorrismo en instalación acuáticas.
- Tanatopraxia.
- Extinción de incendios e salvamento.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 20 de febreiro de 2017, salvo para as unidades de competencia de cualificación profesional de Operacións de vixiancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio rural (SEA 595_2) que se iniciará dende o día 1 de marzo e finalizará o 31 de marzo de 2017.

Para calquera información que precisen ó respecto poden vostedes dirixirse ó departamento de emprego do Concello ou ben poñerse en contacto a través do tf: 988463001 ou mail: emprego@concellodemaceda.org

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017


By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001