Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Novas

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

Promove: CONSELLERÍA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publicou no Diario Oficial de Galicia do día 12 de Marzo de 2017, a seguinte convocatoria:

Bases reguladoras das subvencións para a promoción e consolidación do emprego autónomo, programa dirixido ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver unha actividade empresarial ou profesional en Galicia e a creación do seu propio posto de traballo como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Dentro desta Convocatoria contemplanse dous tipos de axudas:

a) Axudas dirixidas a creación do propio posto de traballo de autónomo na que o prazo de solicitude remata o 30 de Setembro de 2017. A Cuantía da axuda pode variar dende os 2.000 € ata un máximo de 4.000 €, en función do colectivo ó que pertenza o/a solicitante e o domicilio fiscal do centro de traballo.

b) Axudas dirixidas a contratación indefinida por parte de autónomos durante os seus primeiros 3 anos de actividade. As contratacións indefinidas realizadas entre o 1 de Outubro de 2016 e a data de publicación desta orde teñen un prazo de dous meses dende a publicación desta convocatoria para poder realizar a solicitude, para tódolos demais casos o prazo de solicitude remata o 30 de Setembro de 2017. A Cuantía da axuda pode variar dende os 5.000 € ata os 12.000 €, en función do colectivo ó que pertenza a persoa contratada de forma indefinida polo empresario autónomo.

Nota importante: as solicitudes de axuda resolvense por data de presentación ata esgotarse a partida orzamentaria habilitada para tal fin.

Para calquera información ou asesoramento que precisen para a tramitación da devandita axuda, poden dirixirse o departamento de emprego do Concello de Maceda, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00 (tf contacto: 988463001).

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017


By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001