Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Novas

AXUDAS E INDEMNIZACIÓNS PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

CIM (Centro de Información ás Mulleres)

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca AXUDAS E INDEMNIZACIÓNS PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DEXÉNERO.

Tipos de axudas

1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro.

2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e ós menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de
violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro.

Para máis información poden dirixirse ó Centro de Información ás Mulleres (Tlf. 988463554) ou consultar o DOG do venres, 24 de marzo de 2017.

Descargas asociadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017


By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001