Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Novas

PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

CIM (Centro de Información ás Mulleres)

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca unha PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO.

Requisitos das solicitantes:

- Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica.
- Ter cesado a convivencia no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
- Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, cando así o esixa a lexislación vixente, ter permiso de residencia.
- Carecer de recursos económicos ou que estes sexan de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais non superiores a 1,5 veces o IPREM vixente, exc1uída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
- Non ter percibido con anterioridade ningunha axuda polo mesmo concepto.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto con carácter permanente.

Máis información no Centro de Información ás Mulleres (Tlf. 988463554) e no DOG do venres, 24 de marzo de 2017.

Descargas asociadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017


By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001