Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Novas

CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2017

Convoca: Xunta de Galicia

cartel webQue está aberto o prazo para os CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE DO ANO 2017.
Son persoas destinatarias todas aquelas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos.
Os requisitos son os seguintes:
• Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior
ao 33 %.
• Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non
superar a máxima á súa finalización.
• Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o
transcurso da actividade.
• Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
• Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
• Ter cumprido 6 inicio da quenda a idade mínima establecida e non superar a idade máxima antes da súa finalización.
• Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas
actividades, no caso de que soliciten prazas de integración.
• Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se
solicita.

A documentación necesaria para prsenta-la solicitude é a que segue:
• Solicitude (Recóllese na Oficina de Servizos Sociais do Concello)
• Informe médico
• Fotocopia cartilla sanitaria
• Fotografia tamaño carné.
• Fotocopia DNI

Tódolos interesados poden pasar pola Oficina de Servizos Sociais
Comunitarios Básicos do Concello de Maceda para informarse
e, se procede, cursa-la súa solicitude (Tfno: 988463761)

O prazo remata o vindeiro día 2 de maio de 2017.

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017


By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001