Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Cim >> Presentación

(Centro de Información á muller.)

Casa do Concello
Rúa do Toural, 2 (baixo)
32700 Maceda

Telf. 988463554
Fax. 988463163
E-mail: cimmaceda@hotmail.com

Horario: de luns a venres de 9:00h. – 15:00h.

O CIM é un servizo gratuíto para atender demandas das mulleres do Concello de forma personalizada e confidencial.

FUNCIÓNS:

- Información sobre recursos.
- Asesoramento xurídico.
- Atención psicolóxica.
- Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Realización de actividades.

PRINCIPIOS DE ACTUACIÓNS:

Todas as funcións realizaranse conforme os seguintes principios:

- Anonimato e ríspeto á vontade das usuarias.
- Gratuidade.
- Confidencialidade.

ÁREA PSICOLOXÍCA:

Asistencia e orientación ante problemas de índole psicolóxico tales como ansiedade, depresión, baixa autoestima, etc…,
Apoio e asesoramento en casos de malos tratos, terapia familiar, problemas de parella, etc…,

ACTIVIDADES:

- Información xeral dos recursos da comarca
- Realización de charlas, exposicións, etc… con temas de interese para as mulleres.
- Difusión do principio de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres.

VIOLENCIA A MULLER:

A través do CIM o Concello presta durante todo o ano servizos de atención e asesoramento específicos, dirixidos a mulleres víctimas de violencia:

Información dos recursos existentes a través da xestión cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais, así como demais entidades implicadas na atención e protección das mulleres víctimas de violencia.

ASESORÍA XURÍDICA

O Centro de Información á muller ofrece asesoramento xurídico en:

-Dereito de Familia: separación, divorcio, pensións alimentarias, custodia de menores...

-Dereito sucesorio: asesoramento en herdanza e viudez...

-Dereito penal: denuncias, malos tratos, lesións, inxurias...

-Ambito laboral: orientación para búsqueda activa de emprego, contratación, condicións de traballo, despidos, discriminación e situacións que supoñan un atentado á dignidade da muller..., traballo autónomo (subvencións obrigas fiscais e Seguridade Social.

-Tramites administrativos: acollemento familiar, xustiza gratuita, solicitude de prestacións, recursos administrativos...

HORARIO DE ATENCIÓN DA AVOGADA:
Martes e Xoves de 9:00 a 12:00 horas.


¿Quen pode acudir?

Todas aquelas mulleres do Concello que desexen facer unha consulta.
By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001