Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Gandería >> Presentación

fotoNos momentos presentes unha das liñas fundamentais de actuación desta Concellería é a aposta por un desenvolvemento basicamente reequilibrado, onde son prioritarios aspectos tales como o desenvolvemento de programas e proxectos que conduzan á sustentabilidade, a creación e consolidación do emprego, ou a dinamización e o apoio ao sector gandeiro.
Tanto o desenvolvemento, como medio ambiente e gandería son conceptos que debemos fundamentar na toma de conciencia sobre a nosa contorna, por iso o estudo dos espazos do municipio, e das potencialidades económicas e zonas a protexer, ademais do fomento das alternativas de aproveitamento agrícola e gandeiro, e as campañas de sensibilización a través da divulgación de Boas Prácticas Agrarias e gandeiras, son outros temas prioritarios desta Concellería.

Concelleiro de Gandería e Agricultura

Fdo.: José Manuel Gil Carballo

Tf Contacto: 638522299
By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001