Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Turismo >> O Castelo

Descrición arquitectónica

Exterior do Castelo parte traseiraDespois de contemplar a estupenda vista de todo o val de Maceda e da serra de San Mamede, o primeiro que apreciamos é a muralla exterior preparada para a defensa na que salientan dous torreóns, un de forma rectangular ao lado da única porta e outro circular no lado oposto. Nos dous restantes esquinas se aprecian contrafortes defensivos. No exterior tamén se aprecian aberturas adaptación para as armas de lume propio do século XV. Se aprecian os ocos que soportaban unha solaina que xacando cubría tres dos seus lados do edificio.

As reformas que sufriu convertérono máis nun gran pazo en que un castelo. A porta de arco de volta perfecta presenta dous escudos, un sobre aguia coa torre e a aguia dos Novoa, e o outro dividido en catro cuarteis pola cruz dos Rivadeneira, un cuartel cos trece róeles dos Bacelo, o segundo as raias dos Ulloa, un terceiro as catro barras e a Ave María Gratia Plena dos Mendoza e o último os seis róeles dos Castro. Nas esquinas preséntanse estes mesmos escudos.

Xa no interior, é de obrigada visita, o pozo con bocal de pedra no patio, unha espléndida escaleira de caracol, xa no piso superior, as fiestras cos "faladoiros" e as ménsulas que sostiñan o antigo piso do salón, a cheminea e as fiestras. Tamén a exposición permanente e as distintas exposicións que alí se organizan.

Historia e orixe

Detalle dunha almenaUnha primeira referencia sitúanos no século XII cando o forte e as terra lindeiros son entregadas como dote no matrimonio entre María Fernández, filla de Dona Teresa de Portugal e o conde Fernando Pérez de Traba, con D. Juan Ares de Novoa de Ribadavia. A liñaxe dos Novoa establécese entón en Maceda e perdura ata o século XVII, no que Maceda, con grandeza de España, concédese a Santiago Alonso de Lanzós, rexedor da cidade betanceiro, por Felipe IV. Tamén como dato histórico destacar que algúns estudosos sitúan a Alfonso X aos 11 anos de idade neste castelo.

A principios do século XX, o castelo paso a un estado de abandono enchéndose de maleza e sufrindo varios incendios e roubos. Nos anos 90 o concello adquiriuno iniciándose a súa restauración. Hoxe en día este convertido en hotel monumento.

By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001