Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Cultura >> Dpto. de Cultura

Dpto. de Cultura - Concello de Maceda


O Departamento de Cultura, situado na Casa do Concello, está atendido por un técnico de cultura, que pretenden desenvolver un plan de dinamización socio-cultural nesta comarca, dando a coñecer o noso entorno, así como os referentes históricos, sociais e culturais, organizando tamén unha serie de actividades que cumplan istes obxectivos.

Dentro dos estudios de investigación que fai este departamento sinalamos os máis importantes:

Estudio de Patrimonio: Arquitectura civil, relixiosa, heráldica, patrimonio cultural, etnográfico, cumprimentando cun estudio fotográfico.

Arquivos de prensa anuais.

Recuperación de fotografías antigas de tódolos veciños da vila.

Tramitación de subvencións.

Memorias explicativas de cada un dos programas, etc…

Actividades culturais: proxeccións audiovisuais, conferencias, exposicións, obradoiros, etc...

Visitas culturais e educativas a exposicións organizadas pola propia oficina e tamén no exterior.

O Departamento de Cultura adica unha programación específica para o verán, dado que se triplica a poboación, preocupándose especialmente polo seu tempo de ocio.

Esta programación contempla un conxunto de actividades:

Ludoteca nas vacacións.

Actividades de animación durante as Festas Patronais.

Actividades deportivas e xogos na Piscina Municipal.

Ademáis para o resto dos sectores organízanse representacións teatrais, actuacións musicais, Festas de Maceda, etc...

By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001