Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

O Voluntariado >> Que facemos?

Situación

cartel da campaña faite voluntarioO concello de Maceda (Ourense) está situado no interior da provincia considerado como de alta montaña, cunha extensión de 102 km2 no que se distribúe unha poboación de 3.233 habitantes repartidos en 52 núcleos de poboación. A oficina municipal de voluntariado de Maceda nace no ano 2002 co fin de crear un tecido social solidario participativo e sensible coas diferentes necesidades da poboación mediante a colaboración nas accións e servizos das diferentes concellarías. Estendendo este ámbito de actuación a outras iniciativas que poidan xurdir na zona.

Areas de actuación

Dende a súa inauguración, 6 voluntarios colaboraron en diferentes momentos en actividades que se levaron a cabo durante este tempo. Neste ano 2006 contamos con 37 voluntarios que participan en actividades das seguintes áreas que a continuación se indican:

1.- Área de Cultura.
Colaboración nas diferentes actividades culturais ofertadas polo Concello durante o ano.

2.- Área de Servizos Sociais.
Colaboración en programas destinados a 3ª idade: acompañamento, colaboración no tema de teleasistencia domiciliaria, etc. E tamén participación en actividades destinadas á muller, etc.

3.- Área de Inmigración e emigrantes retornados.
Colaboración e asesoramento en materia de inserción laboral, formación e inserción social diste colectivo dentro do ámbito municipal deste concello.

4.- Área de Emprego.
Colaboración cos técnicos locais de emprego na búsqueda, fomento e orientación no ámbito laboral, autoemprego, estudios socioeconómicos, plans de viabilidade, etc.... para novos emprendedores.

By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001