EXPERIENCIAS ÚNICAS AGARDAN POR TI.
UN MUSEO PIONEIRO
Un pioneiro museo orientado a visualizar a evolución da medicina durante o século XX.
Situado na planta baixa do Concello, consta de dez espazos temáticos:
- Despacho médico
- Sala de instrumental médico
- Sala de electroloxía
- Sala de Raios X
- Sala de revelado
- Sala de esterilización
- Laboratorio médico
- Sala de exploración
- Biblioteca
- Epílogo
Existen varios documentos que fan alusión ás fontes de Maceda. O máis antigo do ano 1840 que fala dun reparto de auga común de fonte dos Caños pero “regar según costume los legumbres del verano”.
Abeirados ao río Maceda, mesmo a carón do paseo fluvial, temos varios muíños hidráulicos [de regato], que estiveron operativos ata ben entrado o último tercio do século XX. Empregaban a forza da auga para obter enerxía. A súa función principal era a de moer cereais, nomeadamente centeo, millo e trigo para obter fariña. A súa orixe remóntase á Idade Media.
Os muíños do río Maceda amosáronse fundamentais na economía tradicional da nosa contorna. Nun espazo reducido asentaron un bo feixe deles, o que reflicte gran actividade económica, social, de lecer e afectiva. No Catastro de Ensenada [o cuestionario feito na freguesía de San Pedro de Maceda asinouse o 15 de novembro de 1752] constan “doce rodas de muíños fariñeiros de pedras negreiras, que moen entre tres e catro fanegas de centeo ao ano cada un deles no río Maceda con abundante auga”. Os muíños de regato podían ter un só dono ou ser de varios veciños [muíño de herdeiros]; comunais con quendas de uso.
Arredor destes muíños agromaron pisadas etnográficas, lingüísticas, folclóricas e coreográficas. Hogano forman parte do noso patrimonio de construccións adxectivas, que mesmo estamos a poñer en valor.
Igrexa de San Pedro
O peto de ánimas é unha das manifestacións materiais do culto ós mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi fondas na mentalidade galega sobor da vida e da morte. Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xurde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio. Según Castelao: “A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno”. A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para entregarse de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.
A festa ritual do Entroido galego ten personalidade propia. O rural de Ourense peculiaridades moi definidas. O Felo de Maceda ensamblase -aínda que con elementos externos diferenciados- coa indumentaria convencional dos Peliqueiros de Laza e os Cigarróns de Verín. Calcetíns de lá brancos, medias negras, ringleiras de borlas de distintas cores, colcha con freques claros arredor do van, rabo de zorro no alto da mitra, colares varios e caiado como arma intimidatoria, conforman as súas particularidades iconográficas; máis primitivas e masculinizadas na parte inferior cás do tronco común. O canónico aconsella pintar na mitra animais ou aves rapaces da Serra de San Mamede e non fauna nin motivos alleos.
As orixes da máscara remóntana algunhas fontes ás festas pagás da Protohistoria: sociedades tribais, totems, feitizos de fecundidade e caza, ritos de iniciación. Outras deixano nas hedonistas da Roma Imperial. Os medievalistas, na época dos bufóns e dos impostos feudais arredor dos castelos. Reminiscencias precristiáns; culto ó viño e ó pracer; connotacións sociais e relixiosas do medievo. Entre todas -intuímos- modelaron o fenómeno.
O termo Felo ten difícil interpretación. É sinónimo de máscara. Semanticamente a verba xermánica (fillon) indica que pode azoutar. Felón e felonía vincállase coa rebelión do vasalo contra o señor feudal. Maceda asenta bastión fortificado dende o século XII.
Denantes da II República saían os Felos illadamente ó comezo do ano dende as aldeas do val e da Serra. Logo instauraron o Domingo Fareleiro (enfouzaban con farelos ós viandantes), o Domingo Corredoiro (tinguían á xente cunha bola de ferruxe dos potes e tinta dunha barreira) e o Sábado, Domingo e Martes de Entroido. Dezasete días de transmutación de valores na bisbarra de Maceda onde a gastronomía tamén conta: O Domingo de Entroido, cachucha, rabo, unllas, chourizos, grelos, garavanzos, patacas e tintos espesos do país, preferentemente en xerras e cuncas de barro de Tioira ou Niñodaguia. O Martes, cabrito ó forno con patacas. De postre orellas ou filloas con mel.
Pululaban os Felos a pé divertíndose de aldea en aldea. O son provocativo das chocas disuadía ós lobos nas perigosas noites de invernía. Logo invadían a vila e non se afastaban da zona. Bebían ovos con viño para soportar o inmenso desgaste físico. Non pedían diñeiro. Tampouco destapaban a carauta diante da xente. Perseguían ós que se metían con eles. A mulleres chacoteábanos. Faldriqueaban con elas co caiado nun flirteo cómplice xeralmente admitido. Lucían traxe os solteiros. Algúns pasaban máis dunha semana disfrazados día e noite polas aldeas. Durmían nas palleiras. Só demandaban comida e bebida nas casas para continuar o trouleo.
A máscara -de sorriso retranqueiro- representa a virilidade máis fidedigna.
O Felo da medo. Pódeselle insultar. Endexamais tocar nin tentar sacarlle a carauta. Transgrede as normas. É a autoridade nestas datas. Seu espírito anárquico e rebelde estase modificando. Hogano confórmanse en grupos. Os cativos da vila tamén. Incorporáronse na década pasada. Algúns sitúanse estratéxicamente nas entradas de Maceda. Intimidan ós que entran e saen nos coches para que lles solten cartos. Descúbrense. Introducen outros costumes. Novos tempos que -nalgúns xestos- colisionan coa tradición.-
Orixe:
A orixe da Feira de Maceda remóntase ó ano 1401, cando un privilexio real autorizou esta celebración os días 20 de cada mes. A antiga feira discorría en torno da “Aira das Mantas”, onde os Oleiros de Tioira vendían as olas; ademais vendíanse os produtos en zonas ben diferenciadas; porcos nunha; galiñas, coellos e perdices noutra; roupa usada, (ían recollela a Madrid para vendela aquí), ós vendedores desta roupa chamábanlles os “do piollo verde”.
Acudía xente procedente de varios puntos da provincia nos transportes públicos existentes. O día de feira era o elixido para pasear polo centro do pobo, ademais celebrábase un baile nun local da vila chamado “Baile do Chispún”.
A época de maior esplendor das feiras de Maceda comprende a década dos 45 – 55.
Actualidade:
Hoxe en día a feira celébrase os días 4 e 20 de cada mes salvo que a data do 20 coincida en domingo que pasa a 19 sábado, sendo a actividade principal a venda en postos ambulantes; pulpeiras e exposición para a venda de gando.
As principais rúas onde transcorre a feira son: A Praza das Toldas, Aureliano Ferreiro, Rúa Principal e Campo da Feira; nestas datas, varios locais de Maceda abren as súas portas para ofrecer comidas tanto ós feirantes como os visitantes que se achegan a vila.
As feiras máis concorridas son as de verán, especialmente as do mes de agosto, xa que neste mes triplícase a poboación do noso Concello cós emigrantes que volven de vacacións á súa terra, aínda que durante todo o ano acode xente a mercar e saborear o polbo e da carne o caldeiro.
Afonso X o Sabio
Maceda posúe unha nómina de persoeiros relevantes dende a Baixa Idade Media hasta os nosos días, comezando polo rei Afonso X o Sabio.
Ao seu preceptor Garci Fernández de Villaldemiro concedeulle o rei Fernando III unha vila en Manzaneda de Limia (Maceda) con todos os seus termos e cos dereitos do fisco rexio, o 18 de agosto de 1232. O bispo Pedro Iáñez de Nóvoa gobernou durante case medio século a sé episcopal.
Os seus subalternos prendéronlle lume ao convento primixenio dos franciscanos nunha das etapas máis belicosas das historia de Ourense. Aportou -despois de morto (1308)- un fermoso legado patrimonial á cidade: o novo convento e igrexa de San Francisco, na que os Nóvoas (señores hexemónicos de Maceda) se reservaron o dereito de sepultura.
Os Nóvoa
O navegante João da Nova (orixinalmente Joan de Nóvoa) amósase como un galego universal, o máis relevante do século XVI. Foi alcaide de Lisboa, diplomático e descubridor (Trindade, Ceilán, Juan de Nova Island, Santa Helena e Ascensión). Comandou o buque insignia da Mariña Portuguesa (nao “Frol de la Mar”) na Carreira da India. Estivo en primeira liña na Batalla Naval de Diu (1509), que foi transcendental para os intereses políticos, comerciais, xeoestratéxicos e militares dos portugueses en Oriente.
O condado de Maceda concedéronllo a Alonso de Lanzós e Nóvoa en 1654. O III conde Xosé Benito de Lanzós e Nóvoa, que acadou a grandeza de España de 1ª clase en 1710, está soterrado no santuario da Virxe da Barca en Muxía. O seu primoxénito Antonio Pedro Nolasco foi gobernador de Madrid e vicerrei de Navarra na época de Felipe V. Baltasar Pardo de Figueroa, VIII conde de Maceda, faleceu na Batalla de Medina de Rioseco ao comezo da Guerra da Independencia (1808).
Escritores relevantes
Maceda tamén conta con importantes escritores. O Precursor Xosé García Mosquera foi un poeta trilingüe (galego, castelán e latín) e tamén o bardo oficial da cidade de Ourense no século XIX. O catedrático Manuel Vidal escribíu no primeiro terzo do século XX varios libros en galego. Amósase como un crego ilustrado que tamén fixo novelas en castelán, monografías e manuais de lingua e literatura. Na II República agromou o poeta Xosé Lois Parente que tamén foi un activo columnista e militante do Partido Galeguista. O ilustrado Francisco Carballo amósase como mestre de toda unha escola de historiadores.
No ano 2000 foi declarado “Fillo más sobranceiro vivo do Concello de Maceda”. Hogano Maceda conta cun dos Grandes das Nosas Letras. Xoán Babarro, autor de máis de medio cento de libros, é membro da Real Academia Galega e un dos pioneiros a prol da galeguización do ensino.
Seculo XX
O cardeal Fernando Quiroga Palacios naceu en Maceda cando comezaba o século XX. Foi, xunto con Xelmírez e Fonseca, o prelado máis relevante da historia de Galiza. No eido político salientariamos a Benigno Álvarez, o líder do Partido Comunista nos anos 30 e a Xosé Gómez Ganoso, o xefe político-militar da guerrilla antifranquista.
Santiago Prol.
O descubrimento de América no século XV dalle impulso á navegación marítima na que obligou a mellorar a tecnoloxía dos instrumentos navais, así como da cartografía terrestre e estelar, o que significou un grande deselvolvemento e interese polo estudo da xeografía, astronomía e as matemáticas. Para o ano de 1600 o tamaño do mundo habíase duplicado.
Foi Nicolás Copernico (1473 - 1543) quen deu o primeiro paso o deselvolvemento da nova astronomía. Estudiando as teorías de Aristarco e realizando as súas propias observaciones indicou a inexactitude do sistema xeocéntrico postulado por Ptolomeo, o cal durante a idade media habíanse sumado un sinnúmero de epiciclos para axusta-lo as observacións, desta maneira, Copérnico comenouó a desenvolver unha nova teoría da organización do ceo. Nestes traballos mantivo a idea Aristotélica de que os planetas tiñan un movemento perfecto, é dicir en orbitas circulares, ainda que correctamente colocaba o Sol no centro do sistema solar a seu sistema non tiñan menos errores que o postulado por Ptolomeo e tamén tivo que sofrir a inclusión de epiciclos e o desplazamento do centro do universo nun punto alexado do Sol para poder aproximarse ás observaciones realizadas.
O observador máis importante do século XVI foi Ticho Brahe (1546 -1601), posuía a paciencia e o capital suficiente para construir os equipos máis avanzados e precisos da sua época. Tomarían como modelo do universo o expoto por Heroclides en donde tódolos planetas xiran ó redor do Sol e este xira ó redor da Tierra, inmóvil; Un dos defensores máis importantes das teorías heliocéntricas foi Galileo Galileo (1564 - 1642). Galileo foi a primeira persoa en utilizar un catalexo como telescopio para realizar observacións astronómicas no ano de 1609, entre as suas observacións mais famosas:
•Estrelas tenues que non podían ser vistas co ollo desnudo
•Cráteres Lunares
•Manchas solares
•As lunas de Júpiter, comparándoas con un mini modelo do sistema heliocéntrico
•As fases de Venus cuia explicación era imposible baixo un modelo Ptolemaico (ainda en verdade si cun modelo similar o de Brahe)
Galileo estudiou o movimento dos obxectos ordinarios na Terra, atopou que a visión de Aristóteles estaba equivocada e que os obxectos requiren unha forza externa para cambiar o su movimento, que tenden a permanecer en movimento e que todos independiente da sua masa teñen a mesma aceleración, ideas que estiveron a punto de desembocar nas leis que posteriormente descubriría Newton. Galileo pode considerarse o pai das ciencias modernas xa que a suas ideas basabanse en experimentos.
Cada ano, as rúas de Maceda convértense nun escenario onde a imaxinación, a alegría e a troula mergullan a participantes e espectadores no mundo máxico que crea o Entroido.
O Concello de Maceda é un dos municipios con maior presenza desta festividade, ocupando diferentes fins de semana nos que se pode gozar de diferentes celebracións e festas.
Situación
A aula de interpretación forestal de Maceda sitúase no límite dos concellos de Maceda e Baños de Molgas, preto do Santuario dos Milagres. Cerca da situación desta aula existen repoboacións de piñeiros do país, especialmente no denominado monte Medo.
O recinto no que se atopa a aula é unha parcela pechada que conta con bancos e mesas de pedra ó aire libre
O obxectivo principal desta aula forestal é a divulgación e conservación da cultura forestal, orientada cara un amplo abono de visitantes (grupo de colexios, e centros de ensino en xeral, veciños da comarca, etc.
Visita e concienciación
Preténdese que os usuarios que acoden, rematen a visita cunha idea máis clara e próxima de cómo a xestión forestal se basea no ciclo vital das árbores para determinar as diferentes prácticas selvícolas que se aplican para optimiza-lo crecemento, a idade de cota comercial ou queda, a ordenar os montes ou o método para dotar un rendemento sostido do bosque.
Ademais disto avógase por fomentar unha conciencia ecolóxica dando a coñecer cómo se aborda a loita contra as pragas e mailos incendios forestais, como se pretende que sexa a evolución dos bosques e cómo se empregan, criterios forestais para establecer uns criterios comerciais que axuden a consegui-lo rendemento sostido; é o que se denomina ecocertificación.
Itinerario previsto
Falando das visitas a esta Aula de Interpretación Forestal compre dicir que se realicen preferentemente ás mañas en grupos reducidos (20 persoas aprox.).
Estas visitas estrutúranse da seguinte maneira: despois dun primeiro recibimento na aula de audiovisuais, pídenselle ós usuarios que completen unha enquisa para pasar á exposición onde se explicarán os contidos dos bloques temáticos.
Lévase a cabo un itinerario polos terreos próximos para poñer en práctica a teoría, empregando unha metodoloxía lúdica para unha mellor compresión.
Festa das Neves
Celebrándose a fin de semana seguinte o día cinco de agosto é a festa patronal máis coñecida do concello, a festividade na honra á Virxe das Neves na capitalidade do municipio, na que se combinan actividades deportivas, musicais de caracter popular e actuacións de orquestras e concertos, xogos, festa da espuma e diversas actividades infantís no entorno das piscinas, etc. e moitas mais actividades.
Pero o calendario festivo do concello fórmano moitas mais datas como:
- Maceda: “As Neves” no mes de Agosto
- Chaioso: “San Pedro” no mes de xullo
- Vixueses: “O Carmen” no mes de Xullo
- Tioira: “San Roque” no mes de Agosto
- Amedo : “Santa Ana” no mes de Xullo
- Castro Escuadro: “San Caetano” no mes de Agosto
- Santirso: “Doce Nome de María” no mes de Setembro
- Outeiro: “Don Franque” no mes de Agosto
- Foncuberta: “Santiago” no mes de Xullo
- Xinzo Da Costa: “San Antonio” no mes de Xullo
- O Rocicio: “San Bieito” no mes de Xullo
Festa das Neves
DATA: 2ª Fin de Semana de agosto
SITUACIÓN: Esta festa celébrase no entorno do Hotel Monumento Castelo de Maceda
A Festa Medieval e Gastronómica de Exaltación da carne de Tenreira Autóctona da Comarca de Maceda, nace a través das inquedanzas que un grupo de xente da vila ten por promocionar o patrimonio histórico-cultural fóra das nosas fronteiras; e para isto surxiu a idea de levar as diferentes fases que viviu este lugar pintoresco da provincia de Ourense.
Esta festa desenvólvese nos arredores do Castelo, símbolo do pasado medieval da vila. Celébrase habitualmente no mes de agosto; os habitantes da vila e dos seus arredores retrasan o reloxo catro ou cinco séculos e recordan ós seus antepasados.
Decóranse as rúas con pendóns típicos da época; repártense ramas polo chan e as paredes das casas e colócanse postos realizados en madeira para levar a cabo a venda e degustación de productos típicos locais.
Os traxes da época medieval confeccionados e repartidos entre os habitantes de Maceda para aumentar a participación destes.
Entre as actividades que se levan a cabo o día da festa destacan o baile medieval de damas, teatro, a celebración dun torneo de cabaleiros, competición de xogos infantís, exhibición de cetrería, contacontos e xuglares medievais, concertos de música medieval e a actuación da Banda de Gaitas e Pandereteiras do Concello.
Outras actividades paralelas que se realizan o mesmo día teñen moito que ver coa tradición mineira, cerámica ou coiro que existen na zona; así como coa gandeiría e agricultura; que son actividades principais do municipio; é dicir, lévanse a cabo exposicións de cerámica e alfarería, de peles e curtidos, tallas de pedra, de mimbre, madeira, plateiría, encaixes, tapetes e vestidos típicos.
Nesta festa popular, degústase unha comida na cal o prato estrela é o leitón, acompañado de productos como a empanada, rotí de polo, carne asada e por suposto, o viño.
As actuacións musicais amenizan unha xornada de festa e unión dos habitantes da vila e a sua comarca. A celebración desta festa engrandece as raíces dun pobo comprometido coa súa historia.
A orixe dos albardeiros está moi clara; aprenderon este oficio dos mozárabes medievais ou dos arrieiros casteláns.
Definimos albardeiro como a persoa que realiza o oficio de facer, compoñer ou vender albardas; é dicir, realizar traballos de factura e reparación de instrumentos, ferramentas de coiro (albardas mulidas, etc…)
A producción dos albardeiros consiste en cabezados, estribos, alforxas… para a protección do animal e a suxección do xugo. As ferramentas dos albardeiros son similares ás dos zapateiros, entre elas atopamos as coitelas, troquesos, tesoiras, subelas, agullas, martelos, etc; destacando como exclusivas deste oficio a agulla de albardeiro, a tenaza de madeira e o dedal de manopla.
Os albardeiros non empregan soamente o coiro para as súas obras senón tamén a arpilleira.
A Albarda é unha peza ou aparello almofadado de pé redondo que consiste nun coxín cheo de palla, borra outros materiais que levan as bestas de carga, colocada no seu lombo e cinguida ó ventre por unhas correas ou cinchas.
A albarda faise de tea de saco ou arpilleira hoxe en día; aínda que non hai moito tempo facíase con estopa tecida; énchese de palla ou sedas e pónselle uns paos polo medio chamados fueiros, para lle dar consistencia e que as veces saía por detrás. Logo cóbrese totalmente, ou en parte, con coiro que se pode adornar con estrelas feitas con fío de lá vermello, axul ou verde.
Dúas pezas máis completan a albarda: a retronca e a cincha; a retronca ou atafal é un conxunto de correas de coiro para que a albarda se vexa para adiante, e a cincha é unha banda de coiro de lenzo forte que suxeita a albarda pasando ó redor dela e do animal.
O oficio de albardeiro ten unha longa tradición na nosa Vila chegando a ser punto de referencia de toda a provincia con numerosos talleres funcionando e abastecendo a tódolos cabalos e eguas coas súas albardas e demáis aparellos.
Na actualidade, contamos con tres talleres que se adican a facer albardas por encargo, para os clubes hípicos ou persoas particulares con cabalos, aínda que a maior parte da súa producción está adicada a pequenos traballos en coiro meramente decorativos: cinturóns, chaveiros, correas, pendentes, axendas, bolsos, etc…
Os albardeiros forman parte da nosa cultura máis tradicional sendo un dos oficios máis característicos da nosa comarca, por isto é necesario coidar e manter adoptando estas tarefas á actualidade o oficio de albardeiro.
Río Maceda ou río Sor
O río “Maceda”, ou río “Sor” como lle chaman algúns historiadores e macedáns é o protagonista fluvial desta vila; limita ó leste co pobo, ven de Niñodaguia e segue o seu camiño ata Baños de Molgas.
De sempre, foi un bo río troiteiro, surcado por un grande número de muíños, algúns deles hoxe restaurados.
En Maceda levouse a cabo un grande proxecto con respecto a recuperación das marxes deste río cun presuposto de máis de 2.000.000 de euros financiando un 30% a Deputación Provincial de Ourense e un 70% a “Confederación Hidrográfica do Norte”, mediante aportacións do Fondo Europeo de “Desarrollo Regional” (FEDER), da Unión Europea.
Paseo o carón do río
O obxectivo desta actuación foi a recuperación do entorno natural do río mediante accións de rexeneración ambiental, como desbroce de matorrais e silveiras, tala de arbustos, poda das ramas e limpeza de residuos orgánicos, plantacións de árbores coa debida sinalización do nome popular e científico de cada especie, protección de erosión mediante muros de madeira e granito, áreas de descanso con bancos de madeira, mesas de granito, elementos de xogo infantís, refuxios de madeira, acondicionamento e recuperación de camiños de acceso a zonas singulares do río, demolición de elementos inadecuados…, etc, ó fin, a construción dun paseo peatonal de case tres quilómetros, onde o paseante pode disfrutar dun entorno privilexiado.
O paseo do río “Maceda”, en definitiva, é un pracer para os sentidos, onde o camiñante pode contemplar gozando da natureza e acougar uns intres para percibir o son máxico da auga.
Ubicación
Nun dos mais fermosos e vizosos vales do País, acabado de formar na terceira Glaciación do Cuaternario, está enclavada Maceda, esa privilexiada Vila da Galicia Interior. Asentada ao Oeste da Serra de San Mamede, ocupa unha ladeira de gándara que bañan os ríos Maceda, Asadur e Tioira, afluentes do Arnoia que, no seu curso superior, pasa por estas terras, motivo polo que xeógrafos actuais rexeitan a denominación de Otero Pedraio e outros estudosos de Limia Alta e prefiren chamarlle Alto Arnoia.
Clima
Goza dun clima ideal de media montaña, non excesivamente frío nin húmido e dun terreo arxiloso apto para pastizais e cultivo de cereais e plantas de forraxe, con augas abondosas que, de seren empregadas de forma racional, poderían facer deste val, que está protexido contra os ventos polas montañas que o rodean, un dos mais ricos da Nosa Terra.
Paisaxe
Goza dunhas paraxes naturais idílicas como a sempre impresionante e maxestosa Serra de San Mamede, con os seus 1.620 metros de altitude, idóneos para o sendeirismo e o montañismo. As autoridades sanitarias recomendan acudir as alturas superiores a os 1.500 metros para fortalecer o organismo. No alto do rodicio respirarse probablemente o aire mais limpo e puro do País; pódese observar o Cañón do Sil en toda a súa inmensidade; practicar a ala delta e parapente, inclusive percorre-lo en catamarán.
Este é un lugar interesante para instalar e explotar a enerxía eólica. Hai, aínda que abandonadas, minas de estaño en Badrei e de xeito cristalizado no Rodicio, que poden ser visitadas. Tamén hai xazigos e canteiras de arxila, lignito sen explotar e gravas das que noutra época tiraron proveito maos alleas..
O Val do Medo insírese nunha conca terciaria. Na beira setentrional da depresión de Maceda, áchase a macrofalla do Rodicio onde se producen os contactos entre as formacións de lousa e de granito de duas micas, con intrusión dos granitos na lousa.
A Mina de Baldrei é un xacemento de minerais de tipo filoniano con presenza de calcopirita, esfarelita, e pirita xunto con arsenopirita [mispíquel consonte os mineiros alemáns] en filóns de seixo. O granito ao ser fráxil por estar caolinizado (sábrego) facilitou a explotación do mineral.
Foi explotada por unha compañía xermana a ceo aberto –cun singular túnel de entrada-, maiormente nos anos 30 do século XX. É coñecida a historia da explotación das minas de Galicia polos nazis dada a súa gran importancia para o exército alemán, pois a explotación de minas de volframio alimentan a industria de guerra de Hitler durante a Segunda Guerra Mundial. A palabra volframio procede do alemán wolf e rahm, que se traduce por “baba de lobo” debido á crenza dos mineiros medievais saxóns de que o diaño se aparecía en forma de lobo e habitaba nas profundidades das minas, corroendo a casiterita coas súas fauces babexantes.
Este metal aparecía mesturado co ácido doutro descoñecido -volframio- que actuaba corroéndoo. É un metal escaso na cortiza terrestre, encóntrase en forma de óxido e de sales en certos minerais. De cor gris aceirada, moi duro e denso, ten o punto de fusión máis elevado de tódolos metais e o punto de ebulición máis alto de tódolos elementos coñecidos. Úsase nos filamentos das lámpadas incandescentes, en electrodos non consumibles de soldaduras, en resistencias eléctricas e, aliado co aceiro, na fabricación de aceiros especiais.
Baldrei foi a primeira vila no val de Maceda que tivo electricidade debido á explotación de minas de volframio. Así, no ano 1931 todos os veciños que querían e podían instalábana. Algo máis ao norte, preto do cumio do monte Meda, agroma un extenso e potente filón de seixo puro con abondosas cristalizacións que se pode ver nunha canteira abandonada na que se explotou parte dese filón. Esta canteira e a Mina de Baldrei hoxe atópanse abandonadas e cercadas para evitar accidentes. Porén, son lugares de enorme interese xeolóxico e paisaxístico.
Atópanse os Penedos da Moura no cumio dun outeiro que divide os concellos de Maceda e de Esgos. Unha cruz de termo denota a liña divisoria. Moi preto áchase o Regueiro da Moura. Hoxe está considerado como lugar de interese xeolóxico polo seu valor científico (LIG). Tamén ten importancia a nivel panorámico. A tradición oral evoca que neste asentamento e arredores houbo mouros e tamén encantamentos.
Igualmente coñecida como Rocha da Moura, os devanceiros de Lamas identificaron o castro como Aira das Mouras. Mesmo se sostén que o Apóstolo Santiago, a lombos dun cabalo albeiro, pasou por eiquí. As mouras semellaban seres fantásticos con poderes sobrenaturais. Fermosas doncelas feiticeiras, de cabelos louros, que permanecían naqueles lugares para custodiar os tesouros que deixaran agachados os seus ancestros. Aparecían de súpeto nos nacentes, fontes, regueiros, ríos, pozos, rochedos, covas, mámoas, castelos...
O compromiso do Concello de Maceda coa igualdade de oportunidades e protección do colectivo feminino maniféstase a través de distintos actos ao longo do ano, sendo o máis representativo de todos eles a celebración do Día da Muller Traballadora.
O peche do curso da Escola de Música é un momento de celebración e orgullo para os integrantes e os seus familiares, derivando nun concerto final no que se amosan as cualidades potenciadas e o resultado do grande esforzo posto durante varios meses de educación.
O Campionato de España de BTT, o Rallye de Ourense, o Rallye Ribeira Sacra... Cada ano, o Concello de Maceda acolle a celebración de importantes eventos deportivos que puntúan para campionatos nacionais e rexionais de distintas disciplinas de motor, ciclismo, fútbol e moito máis.
O apoio ao deporte faise patente nas escolas infantís de fútbol, BTT etc.