OFICINA MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS

SERVIZOS SOCIAIS

Programas

OFICINA MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS

Enténdense os Servizos Sociais de Atención Primaria como aqueles que realizan unha acción social, globalizadora e polivalente, dirixidos ó conxunto da poboación dun ámbito xeográfico determinado que teñen por obxecto promover e posibilita-lo desenvolvemento do benestar social de tódolos cidadáns.

Para o cumprimento dos obxectivos, os Servizos Sociais de Atención Primaria organizarán a súa actividade mediante o deseño, a execución, a avaliación de proxectos de traballo social que desenvolvan os seguintes programas básicos de actuación :

PROGRAMA DE ORIENTACIÓN, ASESORAMENTO E INFORMACIÓN

Actuacións de información, orientación e asesoramento ós individuos, grupos e colectividades, e a comunidade en xeral sobre os dereitos e recursos sociais existentes.

O estudio, avaliación e diagnóstico das demandas recibidas, derivación de casos e coordinación con outros profesionais e servizos.

PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR

Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións desde unha perspectiva integral e normalizadora ós cidadáns no seu domicilio naquelas situacións que teñan limitada a súa autonomía persoal.

Realizaranse os seguintes tipos de prestacións :

- Prestacións domésticas.
- Prestacións de carácter persoal.
- Prestacións familiares.
- Prestacións técnicas.

A axuda no fogar dirixirase prioritariamente a:

- Familia.
- Persoas maiores.
- Minusválidos.
- Infancia.
- Drogodependentes.

PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL

Ten por obxecto a prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos.

Desenvolveranse as seguintes actividades:

- Accións de promoción e participación social.
- Accións dirixidas a facilita-lo acceso, permanencia e utilización dos recursos normalizados.
- Xestiona-las prestacións económicas e sociais establecidas.

PROGRAMA DE ANIMACIÓN, PREVENCIÓN E COOPERACIÓN SOCIAL

Ten por obxecto potencia-la participación das persoas e grupos na vida comunitaria fomentando a vida social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.

Entre outras, destacaríamos as seguintes actuacións:

- Apoio ó desenvolvemento integral comunitario.
- Fomento do asociacionismo e participación prestando o oportuno apoio técnico.
- Promoción de grupos de autoaxuda.
- Potenciación das organizacións de voluntariado social.

PROGRAMA DE CONVIVENCIA ALTERNATIVA

Este programa ten por obxecto a oferta dun aloxamento provisional a aquelas persoas en situacións de emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no seu propio fogar.

Desenvolverá as seguintes actuacións:

- Detección e análise da necesidade.
- Xestión e seguimento dos casos.
- Promoción de albergues, casas de acollida e cantos outros equipamentos ou servizos sexan necesarios para facelo efectivo.

Plans especiais

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CONTACONTOS

A escola infantil prestará servizo de luns a venres durante todo o ano, agás no mes de agosto, que se empleará para vacacións e limpeza xeral.
O centro permanecerá aberto, ininterrompidamente dende as 8:00 ata as 20:00 horas.

PROCEDEMENTO DE INGRESO
As solicitudes de novo ingreso, incluso para os pais que requiran este servizo por horas, facilitaranse na escola infantil municipal Contacontos ou no Concello. Deberase acreditar:

1. Documentación xustificativa da situación familiar
a) Certificado de empadroamento.
b) Libro de familia, onde apareza o neno/a para o/a que se solicita o ingeso.
c) DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia dos pais, titores ou representantes legais.

2.Documentación complementaria:
a) Certificado médico do neno/a que informe de que o menor non padece enfermidades infecto-contaxiosa.
b) Carné de vacinación actualizado.
c) Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou documento equivalente.
d) Unha fotografía tamaño carné.
e) Autorización por escrito das persoas que poden recoller ó/á neno/a.
f) Se o  menor esté suxeito a algún tipo de tratamento médico será necesaria a autorización por escrito dos pais, titores ou representantes.
g) Informe dos pais, titores ou representantes legais no caso de que o menor manifeste algún tipo de alerxia alimenticia e física.
h) Contrato de Traballo dos pais, titores ou representantes legais dos nenos/as.

PLAN DE DESENVOLVEMENTO XITANO

A través do citado plan ( Convenio coa Administración Central, Autonómica e Local ) preténdese a integración do colectivo xitano no funcionamento dunha sociedade cada vez máis normalizada. Actualmente lévanse a cabo actuacións conducentes a mellora da formación tanto en homes como en mulleres. Os cursos ofertados polo servicio ó sector feminino da comunidade xitana céntranse en diferentes temáticas como pode ser costura, perruquería, cociña, etc.

Entre os homes as actividades que ten máis aceptación son os cursos de carpintería e soldadura.
Trabállase cos menores en idade escolar levando a cabo clases de apoio e outro tipo de actividades educativas en colaboración coa Cruz Vermella. Esta relación con dita organización tamén está vixente nas Charlas de Educación para a Saúde que se imparten periodicamente a dito colectivo.
As actuacións levadas a cabo coa poboación xitana de Maceda diríxense ós diferentes sectores de dita comunidade: infancia, xuventude, muller e adultos. 

PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR

O obxectivo do Programa é a intervención social individualizada de carácter integral en núcleos familiares que se atopan en situación de dificultade social. Esta intervención recollerá tanto actuacións socioeducatvias e asistenciais, como de inserción sociolaboral. Os proxectos deberán ter un carácter integral, de maneira que se estableza unha diagnose individual de cada núcleo familiar obxectos da intervención, así como a planificación de actuacións encamiñada á superación da situación que presente o núcleo familiar.

A intervención familiar terá un carácter continuado co fin de acadar os obxectivos propostos para cada núcleo familiar co fin de dotar a familia de suficiente competencia para que acada a súa plena autonomía na solución de problemas de cara ao futuro.

PROGRAMA DE EDUCADOR SOCIAL

O educador social desenvolve o seu labor profesional en contextos moi diversos dando resposta ás demandas de acceso á cultura, ó benestar e de participación na vida social de amplos colectivos de poboación. O seu traballo ten dúas vertentes moi marcadas: a formativa e a asistencial e de atención ás persoas.

O educador social ocupase de aqueles campos da educación que non teñen unha regulación concreta, en ámbitos de intervención educativa con persoas marxinadas, con problemas sociais ou de adaptación ó seu entorno. Esta labor socioeducativa aplicase a grupos de idades diferentes (infancia, xuventude, terceira idade...) e a sectores e problemáticas onde intervén a educación social (saúde, servizos sociais, ocio). 

IMAGE/CONTENT SLIDER

Create a responsive, touch-swipe slideshow with Mobirise bootstrap slider. Add images, text, buttons to slides, set autoplay, full-screen, full-width or boxed layout. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipisicing elit. Unde sunt, illo quo ipsa. Laboriosam voluptatem sunt nisi velit incidunt labore, sapiente pariatur ipsam fugiat doloremque asperiores eos ipsum, eveniet cum.

CONTACT FORMS

Easily add subscribe and contact forms without any server-side integration. Just link your email to form and get submissions instantly. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipisicing elit. Accusantium id perspiciatis, sint odit error animi veniam omnis cupiditate distinctio, a quidem deleniti laborum maiores optio laudantium earum vel! Sint, rerum.

Accións

ActuaciónDescrición
PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIAA través do servizo de telealarma pretendemos que as persoas permanezan no seu fogar cunhas condicións mínimas de seguridade.
PROGRAMA DE ACOLLEMENTO FAMILIAR DE PERSOAS MAIORES E MINUSVÁLIDOSXestionamos este programa da Xunta de Galicia para que as persoas maiores ou minusválidas poidan permanecer no seu lugar de residencia aínda que non sexa na súa propia vivenda senón acollidos por unha familia.
PROGRAMA DE CHEQUE ASISTENCIALDestinado a persoas maiores dependentes nas modalidades de : residencia e axuda no fogar.

Xestionamos este programa para que estes usuarios poidan permanecer no seu fogar ou ir a un centro residencial concertado non tendo que aboar a totalidade dos custes do servizo, xa que unha parte é sufragada pola Xunta.
IMSERSO- Programa de Vacacións para Maiores do IMSERSO: Facilitamos información ós potenciais beneficiarios.

- Programa de Termalismo Social do IMSERSO: Facilitamos información ós potenciais beneficiarios.
PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL. XUNTA DE GALICIAFacilitamos información ós potenciais beneficiarios.
PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE. XUNTA DE GALICIAInformación e asesoramento a persoas con discapacidade para a participación en campamentos, campos de traballo, etc. en tempos de lecer.
AXUDAS INDIVIDUAIS NON PERIÓDICASInformación e tramitación de Axudas Non Periódicas para Minusválidos e Terceira Idade de carácter económico.
AXUDAS PARA TRATAMENTOS DE DROGODEPENDENCIAS EN COMUNIDADES TERAPÉUTICASInformación, orientación e tramitación das axudas destinadas a tratamentos de persoas con problemas con toxicomanías en comunidades terapéuticas, tanto de Galicia como de fóra da Comunidade Autónoma.
AXUDAS DE INTERESE SOCIAL E HUMANITARIOInformación e tramitación de axudas destinadas a cubrir feitos imprevisibles e de urxente atención de carácter paliativo atendendo a cobertura de necesidades básicas.
AXUDAS INTEGRACIÓN DO MENOR Xestión e tramitación de axudas destinadas ás familias para evita-lo internamento dos menores en centros ou favorece-la súa desinstitucionalización.
PRESTACIÓN ECONÓMICA POR FILLO MENOR A CARGO Xestión e tramitación de axuda económica de pagamento único ( 300 euros) por fillo menor de 3 anos.
PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN ADULTOS Xestión da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola que se establecen axudas para a realización de actividades de alfabetización e formación de adultos na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2003 cofinanciados co Fondo Social Europeo. 
PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIARSolicitude e xestión do programa de educación familiar que desenvolverán as Corporacións Locais.
PLAN GALEGO DE INCLUSIÓN SOCIALA través do citado plan preténdese delimita-las bolsas de pobreza e exclusión social en Galicia, por un lado, e por outro, determina-las variables explicativas da pobreza e exclusión social. Dende os SS.SS. de Atención Primaria colaboramos co citado plan, facilitando entrevistas, reunións de traballo e cursos de formación.
PROGRAMA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADOEste programa está incluído no Plan Galego do Voluntariado. Pretende a dinamización do voluntariado no termino municipal a través de accións en cultura, servizos sociais, información xuvenil, emprego, etc.
AXUDAS REHABILITACIÓN VIVENDAS NO MEDIO RURAL GALEGOInformación, xestión e tramitación das citadas axudas en colaboración co IGVS.
PROGRAMA DE ERRADICACIÓN DO CHABOLISMOXestión da parte social do citado programa, que pretende elimina-lo chabolismo existente no Concello de Maceda e que se circunscribe ó asentamento do colectivo xitano.
EMIGRANTES RETORNADOSDende os SS.SS. de Atención Primaria do Concello de Maceda facilitase información a emigrantes retornados orientándoos hacia os distintos servizos e recursos existentes no concello e na CA. para este colectivo.
AXUDAS A EMIGRANTES GALEGOS NO EXTERIORAnualmente a nivel estatal e autonómico convocase unha serie de axudas a emigrantes galegos no exterior ( bolsas de formación, viaxes de retorno, temas de pensións, etc ), dende os SS.SS. de Atención Primaria recóllense as citadas ordes e facilítanselle ós familiares das persoas residentes no exterior así como tamén se envían datos a algún emigrante especialmente na zona de Sudamérica.
PLAN XITANO
A través do citado plan ( Convenio Administración Central, Autonómica, Local ) preténdese a integración do colectivo xitano no funcionamento dunha sociedade cada vez máis normalizada.

Lévanse a cabo actuacións conducentes a mellora da formación (cursos de costura, cursos de cociña, etc), actividades cos menores (actividades infantís Cruz Vermella), temas de emprego (Colaboración Técnico Local de Emprego).
SOLICITUDE DE PRAZAS EN RESIDENCIAS DA XUNTA DE GALICIADende os SS.SS de Atención Primaria realízanse solicitudes de praza en Residencias tanto de válidos como de asistidos.
MINUSVÁLIDOSCon este colectivo realízanse as actuacións propias destinadas a calquera usuario dos SS.SS de Atención Primaria e asemade aquelas outras específicas deste colectivo (recoñecemento EVO, tarxetas estacionamento minusválidos, etc.)
CAMPAÑAS ALIMENTOS EXCEDENTARIOS DA U.E.Elaboración dos listados e reparto dos alimentos excedentes da Unión Euopea que se realiza entre aquelas persoas con menos recursos do termo municipal.
COLABORACIÓN CO CENTRO DE TRASFUSIÓN DE GALICIA (DOAZÓN DE SANGUE)Os SS.SS. de Atención Primaria colaboran co Centro de Trasfusión de Galicia na organización das diferentes campañas que se levan a cabo durante todo o ano en Maceda.
CAMPAÑA DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMADende os SS.SS. de Atención Primaria colaborase na citada campaña organizando listados, itinerarios do transporte, etc.

Os SS.SS. de Atención Primaria colaboran, segundo a tipoloxía da actuación, coa Oficina de Información Xuvenil, co Técnico Local de Emprego e Centro de Información a Muller.

SOLICITUDE DE RISGA E EMERXENCIA SOCIAL-
XESTIÓN DO TÍTULO DE FAMILIAS NUMEROSAS-
SOLICITUDES DE INGRESO EN CENTROS PARA PERSOAS CON MINUSVÁLIDOS-
ASOCIACIÓNS DA ZONA (CÁRITAS, ONG, CRUZ VERMELLA)
-
PROGRAMA DE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN-

- 1 colexio público.
- 1 colexio privado concertado.
- 1 instituto
- 1 centro de SS.SS.
- 1 cuartel da Garda Civil
- 1 centro de saúde (PAC).
- Cruz Vermella Local.
- Axencia Extensión Agraria.
- Oficina de Medio Ambiente.
- Biblioteca Municipal.
- Pavillón Municipal.
- Casa de cultura – Radio Maceda.
- Piscinas municipais.
- Campo de fútbol.
- Diferentes asociacións culturais, etc.

RECURSOS DA ZONA

CONTACTA CONNOSCO

Se precisas axuda ou coñeces a alguén que poda necesitar algúns dos servizos sociais que presta o Concello, podes poñerte en contacto connosco a través do seguinte formulario. De seguida nos poremos en contacto contigo. Moitas grazas.