OFICINA MUNICIPAL
DE INFORMACIÓN
XUVENIL.

ACTIVIDADES E ASESORAMENTO PARA A XENTE MOZA DO CONCELLO.

OMIX de Maceda.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil situada na casa do concello está atendida por un informador xuveníl, que desenvolve un plan de dinamización e información dende fai dez anos, cara a xuventude do noso Concello.

Dende a apertura do Servizo de Información Xuvenil o concello de Maceda entrou nun proceso de dinamización do colectivo xuvenil a través de cursos de formación e fomento do emprego, conferencias, traballos de investigacións das nosas tradicións, actividades do coñecemento do noso entorno....

Por todo isto, e a tenor da interese mostrada pola xuventude en anos anteriores, entendemos como fundamental continuar nos vindeiros anos co Servizo de Información Xuvenil, nesta liña.

SERVIZOS PARA TI

EXPEDICIÓN DO CARNÉ XOVE

Cada ano facemos unha campaña nos centros escolares.

VISITAS CULTURAIS E EDUCATIVAS

Viaxes a exposicións organizadas pola propia oficina e tamén no exterior.

APOIO ÁS ASOCIACIÓNS XUVENÍS

Colaboración en canto a traballos administrativos e similares.

CAMPAMENTOS DE VERÁN, XUVENÍS E INFANTÍS

Organización, contratación e asesoramento.

MOITO MÁIS

Cursos, accesos a internet, coordinación e organización de actividades na biblioteca, unidades didácticas, programación cultural.....

CONTACTA CONNOSCO

Se desexas máis información sobre as actividades e programas que organizamos, podes enviarnos unha mensaxe a través do seguinte formulario. Estamos agardando por ti.


CONCELLO DE MACEDA, con NIF P3204400J, enderezo en XARDÍNS ROSALÍA DE CASTRO 1, 32700 OURENSE (OURENSE), con teléfono a efectos de notificacións 988 463 001 e correo electrónico info@concellodemaceda.org como Responsable do Tratamento, infórmalle que os seus datos serán tratados coa finalidade de xestionar a potencial relación comercial entre as partes e atender as consultas e remitirlle información sobre os nosos produtos ou servizos. En calquera momento poderá exercitar os dereitos recoñecidos nos artigos 15 a 22 do RGPD, de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidade, limitación, así como a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas, no seu caso, enviando un correo electrónico a info@concellodemaceda.org ou mediante correo postal a XARDÍNS ROSALÍA DE CASTRO 1, 32700 OURENSE (OURENSE). Igualmente poderá poñerse en contacto co noso DPO en deliapla@yahoo.es. Pode consultar a información adicional e detallada sobre a nosa Política de Privacidade en https://www.concellodemaceda.org/-Documentos/LOPD/AVISO_LEGAL.PDF