VOLUNTARIADO

O CARÁCTER DOS MACEDANOS QUE COIDAN E PROTEXEN AQUILO QUE MÁIS NOS IMPORTA

Macedanos de corazón.

A oficina municipal de voluntariado de Maceda nace no ano 2002 co fin de crear un tecido social solidario participativo e sensible coas diferentes necesidades da poboación mediante a colaboración nas accións e servizos das diferentes concellarías. Estendendo este ámbito de actuación a outras iniciativas que poidan xurdir na zona.

As nosas accións diríxense á poboación en xeral residentes no termo municipal de Maceda e, dependendo das actividades, a persoas maiores, a nenos, mozos, muller, membros de entidades de acción voluntaria, etc. En determinadas ocasións, ás persoas en situación de marxinación social ou excluídas.

Dende a súa inauguración, moitos voluntarios teñen colaborado en diferentes momentos nas actividades levadas a cabo durante este tempo. A participación de todos eles céntranse nas áreas que a continuación se indican:

Cultura

Colaboración nas diferentes actividades culturais ofertadas polo Concello durante o ano.

Servizos sociais

Colaboración en programas destinados a 3ª idade: acompañamento, colaboración no tema de teleasistencia domiciliaria, etc. E tamén participación en actividades destinadas á muller, etc.

Inmigración e emigrantes retornados

Colaboración e asesoramento en materia de inserción laboral, formación e inserción social diste colectivo dentro do ámbito municipal deste concello.

Emprego

Colaboración cos técnicos locais de emprego na búsqueda, fomento e orientación no ámbito laboral, autoemprego, estudios socioeconómicos, plans de viabilidade, etc.... para novos emprendedores.

Banco de tempo

1.A - Grupo vixiancia do noso medio utilizando a bicicleta como medio de transporte.

1.B - Grupo de sendeirismo. Percorridos pola zona a pé as fins de semana, con especial interese pola Serra de San Mamede.

Funcións:

- Identificación de vertodoiros incontrolados, vixiancia de incendios, sinalización de rutas de sendeirismo, iniciación na recollida de cogumelos, guías voluntarios para sendeirismo coa 3ª idade. 

1.C- Monitor para clases iniciación a pesca polos nosos ríos, aproveitando o entorno natural.

2.A - Colaboración voluntaria na organización e realización de eventos deportivos (carreiras populares, andainas, maratóns, día da bici, etc..).

2.B – Impartición de accións formativas sobre distintos deportes que resulten de interese para o voluntariado.

2.C – Educación deportiva como actividade extraescolar nos diferentes centros escolares do concello.

3.A.- Intercambios culturais internacionais a través do programa xuventude ou a través do Servizo de Voluntariado Europeo.

3.B.- Colaboración coa oficina de información xuvenil do concello nas diferentes actividades organizadas a través deste departamento municipal.

3.C – Colaboración na organización de diferentes obradoiros: fotografía, curtametraxes, bailes de salón, idiomas, etc…

4.A..- Acompañamento persoas maiores para xestións médicas: acompañamento ó centro de saúde, recollida de receitas, etc….

4.B.- Acompañamento a persoas maiores en actividades formativas e lúdicas:

- Acompañar e prestar colaboración como auxiliar durante a realización do curso de natación para persoas maiores.

- Monitor de informática básica iniciando as persoas maiores e outros colectivos con escasa formación no mundo das novas tecnoloxías.

4.C.- Fomento do voluntariado de persoas maiores dende o concello en colaboración co centro de servicios sociais.

5.A.- Participación do voluntariado en actividades extraescolares a través de talleres de lecto-escritura, papiroflexia, reciclaxe, etc…

5.B.- Participación nos talleres de fabricación de máscaras de entroido (felo de maceda) con voluntariado maior que imparta a actividade formativa nos centros escolares ou noutros espacios de interese para a colectividade.

5.C.- Colaboración do voluntariado en talleres de educación vial organizados a través do Concello.

Cada día analizamos aqueles sectores ou grupos de persoas que podan verse perxudicadas para que, en colaboración co Concello, sexamos capaces de aportar o benestar que todo o mundo merece.

COLABORA CONNOSCO

Tódalas persoas maiores de idade que estean interesadas en colaborar con algunha das áreas indicadas no Proxecto de Voluntariado poderán facelo, tendo como requisito necesario a asistencia a un curso de formación básica de voluntariado organizado polo Concello de Maceda e impartido por algunha das entidades de acción voluntaria do Concello.

Invitámoste a que contactes co noso equipo responsable do voluntariado, chamando ó teléfono 988 463 001 //  988 463 761, e preguntando por José Antonio Carballo Pose ou por Antonio Fernández Fernández, en horario de luns a venres de 9:00 h. A 15:00 h.